Máis de 60 nenas e nenos participan no V Campus de Fútbol de Mazaricos

08:32 15/07/22
O V Campus de Fútbol de Mazaricos botou a andar esta semana coa participación dun total de 65 rapazas e rapaces de entre 5 e 14 anos. As actividades estenderanse ata o 29 de xullo.
Nesta edición, como novidade, introdúcense outras disciplinas e modalidades deportivas, como o fútbol gaélico ou a estornela. Tamén están a levarse a cabo charlas sobre diversos temas como unha correcta alimentación ou os valores asociados á práctica deportiva.
Do mesmo modo, este mes arrincaron as Escolas Deportivas de Verán de Mazaricos, que inclúen pádel, natación e ioga. Entre todas as actividades participa un total de dez grupos de varias idades.