Venres. 26.04.2024
El tiempo

Máis de 30 xinetes participarán no I Raid Ecuestre de Mazaricos

Máis de 30 xinetes participarán no I Raid Ecuestre de Mazaricos
raidportugal raid ecuestre mazaricos 2016

Xa non queda nada para o I Raid Ecuestre Concello de Mazaricos que terá lugar este sábado, 6 de agosto, no recinto feiral da Picota (enfrente de Feiraco e do tanatorio). Os Cabaleiros da Fervenza, coa colaboración do Concello de Mazaricos, a Federación Hípica Galega e a Federación Hípica Española, teñen todo listo. A xornada comezará ás 9h coa calificación dos cabalos e a posterior saída das dúas primeiras probas e as outras dúas terán saída pola tarde.

Xa hai mais de 30 xinetes e cabalos inscritos.

 

Para que vexades como vai a cousa, así fou o Campionato Galego de Raid do ano pasado:

Máis información e programa completo

Fonte

  • Concello de Mazaricos.

Comentarios