Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Mazaricos acende os fogóns para a XIX Edición do Bolo do Pote

Mazaricos acende os fogóns para a XIX Edición do Bolo do Pote
Bolo do Pote de Mazaricos de preto

Estase facendo internacional a Festa do Bolo do Pote de Mazaricos. Despois de triunfar en Feiras como o Xantar de Ourense, e a un ano de cumplir a vintena, esta festa tradicional e gastronómica está en pleno proceso de acender os fogóns para unha fin de semana deliciosa.

As Xornadas serán sábado 4 e domingo 5 de marzo no núcleo da Picota, onde seis locais ofrecerán a degustación deste particular bocado. Do mesmo xeito, o domingo as e os visitantes poderán probar os bolos, saídos das mans da Asociación das Amas de Casa, na carpa habilitada para esta fin. A Festa estará amenizada con gaiteiros e orquestra.

Cartel XIX Festa do Bolo do Pote de Mazaricos 2016

Como novidade desta edición, os hostaleiros están a sortear, mediante a páxina de facebook do Concello, tres xantares de balde para dúas persoas cada un. “O obxectivo é superar as 1.500 racións repartidas na anterior edición”, explicou Blanco.

A preparación dos bolos do pote resulta aparentemente sinxela, aínda que cada cociñeiro ten o seu segredo para facer este prato saboroso. A base para a súa elaboración é a fariña de millo mesturada coa de centeo, que proporcionan consistencia. Poden empregarse anacos de touciño entrefebrado, chourizo ou touciño, cos que se prepara un rustrido que dá sabor á masa. Unha vez feito isto, dáselle forma de bóla e introdúccese a cocer na auga fervendo do caldo. Tras isto, córtase e sérvese acompañado de chourizo, lacón, orella ou calquera carne de porco.

Showcooking en Lalín

Pero como esta promoción internacional non pode parar, o Concello desprazarase a Lalín onde, na Praza de Abastos, repetirá esta fórmula. “A elección de Lalín obecede a unha vontade de estreitar lazos entre feiras gastronómicas e tamén á relación do bolo do pote co cocido”, explicou o alcalde Juan José Blanco Riveiro. Ao fío disto engadiu que as xestións para que o próximo ano o autobús do cocido visite Mazaricos “están xa pechadas”.
Pola súa parte o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, sinalou que “é importante que Concellos con potencialidades en materia prima como Mazaricos e Lalín se apoien mutuamente”. Nesta liña subliñou que “é un pracer poder presenciar a elaboración de algo tan típico e que sacou tanta fame como os bolos do pote”.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios