Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Mazaricos acolle catro charlas informativas interesantes para os veciños

Mazaricos acolle catro charlas informativas interesantes para os veciños
13015587_1087297627993939_3641244320892375397_n

Este sábado, ás 21:30 na Casa da Cultura da Picota, terá lugar a presentación do novo proxecto da normativa de camiños e vertidos no Concello de Mazaricos. Unha normativa que afecta a todos os veciños polo que o concello invita a que todos acudan á cita.

Non será a única cita informativa. Este venres, ás 11:00 na Casa da Cultura, achegarase un técnico de Medio Rural a dar outra charla a cerca da PAC.

E luns 18 de abril, ás 20:00 na Casa da Cultura, haberá unha charla dunha arquitecta para dar máis información da subvención para a rehabilitación de vivendas e edificios no ámbito área de rehabilitación integral (ARI) do camiño de Santiago.
As parroquias que se poden ver beneficiadas son as seguintes, polas que pasa o Camiño de Santiago: Os Vaos, Corzón, Maroñas e Mazaricos.

Fonte

Comentarios