Venres. 18.10.2019
El tiempo

Mazaricos acolle este venres unha xuntanza formativa sobre xestión de Comunidades de Montes

Mazaricos acolle este venres unha xuntanza formativa sobre xestión de Comunidades de Montes
A Asociación Forestal de Galicia (AFG) está a desenvolver este outono en toda Galicia un amplo programa formativo dirixido a mellorar o manexo silvícola do monte. Un dos próximos cursos, que abordarán a xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes, desenvolverase este venres 27 en Mazaricos (Casa da Escola de Suevos, de 16 a 21 horas). Ademais o sábado 28 en Rois (Oficina Municipal de Urdilde), a partir das 10 horas.

O obxectivo do curso sobre xestión de xuntas reitoras é revisar os aspectos básicos de cara a mellorar o funcionamento das comunidades. A acción formativa aborda as seguintes cuestións, entre outras: organización e administración da comunidade, lexislación aplicable, planificación da xestións dos recursos do monte e réxime fiscal ó que están sometidas as comunidades de montes.

Os cursos, que contan co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), son gratuitos, pero é precisa a inscripción previa, ben a través do e-mail [email protected], ben a través dos teléfonos 981 564 011, 986 660 864 e 618 752 214.

Comentarios