Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Mazaricos afonda sobre o Dano Cerebral con Sarela

Expo Dano Cerebral Sarela Mazaricos
Mazaricos afonda sobre o Dano Cerebral con Sarela

Unha charla e unha exposición fotográfica foron as accións preventivas que o Concello de Mazaricos e Asociación Sarela desenvolveron esta pasada fin de semana arredor do Dano Cerebral Adquirido.

Foi a traballadora social Olalla Domínguez, de Sarela, a encargada de impartir da sesión, lembrando que “o DCA é o primeiro motivo de discapacidade e que a principal causa é o ictus”. Na charla trataron tanto formas de prevención como recursos especializados.

Charla de SArela en Mazaricos

Mostra fotográfica

A charla compleméntase coa inauguración da exposición fotográfica 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido', que permanecerá aberta ao público na propia Casa de Cultura ata o 1 de decembro.

A mostra, con imaxes do fotógrafo compostelán Aigi Boga, amosa como é o día a día das persoas con dano cerebral nas asociacións de FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral).

Charla de SArela en Mazaricos

Ademais, dende o Concello lembran que a entidade conta cun Punto informativo na Casa de Cultura de Mazaricos. Pódese solicitar cita a través da traballadora social do concello de procedencia ou ben chamando ao 981 577 037.

Novas relacionadas

Comentarios