Martes. 12.11.2019
El tiempo

Mazaricos aporta a súa colaboración no histórico certame literario máis antigo de Galicia

Mazaricos aporta a súa colaboración no histórico certame literario máis antigo de Galicia
Certame Modesto Rodriguez Mazaricos copiaCertame Modesto Rodriguez Mazaricos copia

Xa está en marcha o XLIV Certame Galego de Narracións Breves Modesto Rodríguez Figueiredo que organiza a Fundación Pedrón de Ouro. É o certame máis antigo de Galicia no campo da narrativa, con grandes nomes como gañadores como Méndez Ferrín, Darío Xoán Cabana, Rosa Aneiros, Xavier Alcalá, Antón Cortizas… Por iso o Concello de Mazaricos quere colaborar dinamizándoo pola zona,

Deste xeito, xa podes enviar ata o 1 de novembro o teu texto de entre 5 e 30 páxinas ao concello mazaricán, para optar ao premio de 1000€ para a persoa gañadora ou para os dous accesits de 400€ se o xurado o estima.

As bases completas poden descargarse da web do Concello: www.mazaricos.gal.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/noelia-gomez-publicara-o-seu-primeiro-libro-tras-vencer-o-v-premio-de-poesia-gonzalo-lopez-abente/

Comentarios