Mazaricos axuda na compra de libros para de Infantil e para o transporte de Bacharelato

08:08 18/10/16

Tempos de crise, aínda, e cada céntimo é fundamental. Coa intención de axudar aos veciños e contrarrestar as políticas de recortes no ensino, o Concello de Mazaricos abre o prazo para solicitar varias axudas relacionadas co eido escolar:
- Axudas para libros de texto en infantil, para alumnos/as matriculados/as nos centros educativos de Mazaricos.
- Axudas para transporte para alumnos de Bacharelato e Formación Profesional.
O prazo de solicitudes remata o 7 de novembro de 2016. E a documentación necesaria é:
- Fotocopia compulsada do documento de identidade.
- Certificación expedida polo centro educativo.
- Factura de compra de libros (para os/as de infantil).
- Datos bancarios do/a beneficiario/a.
Máis información nas nosas oficinas ou no 981867104.
Fonte
- Concello de Mazaricos.