Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mazaricos busca alternativas no PXOM para aprobar o polígono

Mazaricos busca alternativas no PXOM para aprobar o polígono
Pino_De_Val_Industrial Proposta do polígono no Pino do Val Proposta do Polígono da Picota Proposta do Polígono da Picota Segue buscando alternativas o Concello de Mazaricos para sacar adiante o polígono industrial. A última proposta chega da man do necesario rexistro do Plan Xeral de Ordenación Municipal na Xunta. Un PXOM que conta con dúas áreas de solo industrial que poderían albergar o parque. Unha proposta necesaria despois de tanto as arquitectas como a arqueóloga do Concello coinciden en que o actual polígono é dificilmente legalizable, unha vez que a zona do actual polígono ten doce mámoas, tal e como mostra o estudo arqueolóxico levado a cabo na zona. Para darlle solución a isto, o propio PXOM rexistrado contempla dúas áreas alternati- vas de solo industrial, unha na Picota e outra en Pino de Val para, así, dinamizar ambos núcleos. O alcalde Juan José Blanco afirma que “por fin existe unha solución a un polígono paralizado durante anos ao que o PP non soubo dar ningún tipo de alternativa viable”. Nesta liña sostivo que “para nós era un tema que non podía esperar máis, pois non podemos frear o emprendemento na nosa contorna por non poder darlle solo industrial”. Blanco quixo recalcar que “é unha solución que mellora o que había, pois revitalizamos Pino de Val e A Picota, en lugar de ter un polígono aillado”. Para o grupo de goberno o PXOM é “unha proposta ambiciosa que pretende saída dunha vez a unha cuestión que levaba moito tempo enquistada e que, ademais, descentraliza o solo industrial, o que contribúe a darlle vigor a dous núcleos diferentes”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios