Mazaricos celebra a consolidación do conxunto histórico de Santa Baia cun concerto para a veciñanza da parroquia
- Preto de 70 veciñas e veciños da parroquia desfrutaron da actuación, na que previamente se fixo un repaso histórico polo pasado desta igrexa a cargo do técnico de Cultura, Suso Jurjo.
De estar absolutamente esfolada, a acoller un concerto. Así revive a rescatada igrexa de Santa Baia de Chacín, que nos últimos dous anos, pasou de ser unha estrutura en estado de ruína e cuberta de maleza a un espazo limpo e aberto onde o conxunto histórico loce con todo o seu esplendor.
I é que falamos dun impresionante templo barroco que permanecía en estado de abandono dende o último cuarto do século XX, e que foi obxecto de obras de consolidación e mantemento da estrutura logo dun acordo entre o Concello e o Arcebispado.
Para dar conta, o pasado venres, a veciñanza da parroquia de desfrutou onte dun concerto do grupo Music Glam, en colaboración co artista Anxo, dentro do recinto histórico da igrexa parroquial, recuperado logo da intervención do Concello para evitar a degradación das ruínas. Setenta veciñas e veciños da parroquia desfrutaron dun concerto que incluíu música clásica, versións máis modernas, música galega -’Camariñas’, ‘Lela’- e mesmo bandas sonoras de películas como A Misión e series como Xogo de Tronos.
Con carácter previo ao concerto, o técnico de Cultura municipal, Xesús Jurjo, falou para os asistentes sobre a historia do lugar e o seu vencello com algúns personaxes históricos mazaricáns.