![]()
Ainda están abertas as inscricións para participar no
Día da Bicicleta que organiza o concello de Mazaricos o próximo domingo, día 30 de setembro.
O percorrido, apto para todas as idades, sairá ás 10:00 horas e os participantes realizarán un roteiro circular ata a Pontenova, onde haberá unha zona de avituallamento. Un dos poucos requisitos para participar é levar casco.
Os/as interesados/as en participar poden anotarse ata o venres as 12:00 horas no 981 86 71 04.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)