Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mazaricos celebra o día mundial do leite cun convite

Mazaricos celebra o día mundial do leite cun convite
O próximo venres, 1 de xuño, é o día mundial do leite. E nada mellor que promocionar este producto, regalándoo. Así é a campaña que realizará por segundo ano o concello de Mazaricosq ue convidará a produtos lácteos a quen se achegue polas oficinas municipais ao longo da mañá do venres. Para tal fin, a vaca Mazarica estará nas dependencias municipais. Ademais os nenos e as nenas da Escola Infantil achegaranse ao concello para degustar produtos lácteos e muxir á Mazarica. “Igual que noutras actividades, tratamos de achegar aos máis pequenos ao que somos, á esencia de Mazaricos e Mazaricos non sería tal sen o sector agrogandeiro”, afirma o alcalde, Juan José Blanco Riveiro. “É o segundo ano que celebramos coa veciñanza que se achega ao Concello este día porque así lembramos a importancia económica e tamén social deste produto, e non só para o noso municipio, para toda Galicia”, concluíu Blanco.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios