Sábado. 07.12.2019
El tiempo

Mazaricos leva os seus recursos turísticos a Intur

Mazaricos leva os seus recursos turísticos a Intur
mazaricos-intur-turismo Unha expedición de Mazaricos está estes días na Feira Internacional de Turismo do Interior que se celebra en Valladolid A cidade de Valladolid acolle ata o domingo a Feira Internacional de Turismo do Interior - Intur - na que participan uns 1.200 expositores. Alí está tamén durante estes días unha representación do concello de Mazaricos co fin de promocionar as distintas alternativas de ocio que ofrece o municipio. Ata alí desprazouse o alcalde de Mazaricos - Juan José Blanco Riveiro -; acompañado pola presidenta de Eu Son Mazaricos - Janet Martínez - ; o presidente da asociación de Hostaleiros - Jorge Jurjo -; o presidente de Gandeiros de Mazaricos - Óscar Blanco - así como doutras persoas do sector. O rexedor sinala que fixeron “a promoción do camiño tradicional sinalando aos operadores como futuro final de etapa Lago e Corzón, pois son uns tramos de 25 e 27 quilómetros, isto é, un tramo natural”. Nesa liña engadiu que “fixamos a Picota como unha área de servizos onde teñan aloxamento, supermercados, piscina e todos o que precisen”. Blanco afirmou que tamén se fixo unha promoción “do camiño que pasa por Brandomil, que reivindicamos moito nos últimos tempos”. Tamén subliñou que promocionaron o “turismo rural de Mazaricos como un turismo con selo de calidade”. Blanco concluíu resaltando a “importancia” de acudir “a este tipo de eventos porque quen mellor vai promocionar o concello son as entidades vivas que traballan nel e detectan as súas fortalezas e as súas feblezas”. “Queremos continuar a poñer a #EsenciaMZ no mapa”, concluíu. Pola súa banda, o presidente da asociación de Hostaleiros, quixo poñer en valor a presenza en INTUR “porque é unha feira centrada no turismo interior que é o que quere vender Mazaricos”. Ao fío disto engadiu que “temos un montón de workshops, de axencias que buscan turismo natural e rural, que é o que temos nós”. Para Jurjo, Mazaricos ten “potencialidades” para ser un “lugar de culto do turismo”. “Temos unha vantaxe que teñen moi poucos sitios, e é que estamos ao lado da costa. Polo tanto, en realidade, somos costa e interior”, concluíu.

 Esencia de MZ

Máis novas

Fonte

Comentarios