Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Mazaricos e Muxía informan sobre as axudas escolares

cartel_axudas
Mazaricos e Muxía informan sobre as axudas escolares

O Concello de Mazaricos volve por en marcha a súa liña de axudas para educación. Deste xeito, a veciñanza de Mazaricos xa pode solicitalas ata o día 30 de outubro. O obxecto é a compra de libros e material didáctico para alumnos e alumnas de educación infantil e, por outra banda, o desprazamento das e dos alumnos que cursen estudos de bacharelato e formación profesional fóra do termo municipal.

O importe total destinado para esta convocatoria é de 2.100€ para libros e material didáctico e de 10.000€ para transporte. O importe individual máximo será de 60 euros no caso de axuda para compra de libros e material didáctico, e de 275 euros no caso de axuda para desprazamentos.

Muxía

Pola súa parte, o Concello de Muxía rexistrou 235 peticións para as bolsas de axuda para material escolar, dentro do Plan de Reactivación Económico- Social impulsado pola administración local. Lémbrase que o prazo para entregar as facturas, e polo tanto para poder acceder a este sistema de axudas, remata o vindeiro 30 de outubro.

Comentarios