Venres. 29.03.2024
El tiempo

Mazaricos, novo epicentro gandeiro coa Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxe

A Deputación da Coruña financia melloras do equipamento deportivo e do centro de Saúde da Picota en Mazaricos

V Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes en Mazaricos
V Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes en Mazaricos
Mazaricos, novo epicentro gandeiro coa Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxe

Mazaricos acollerá os días 10 e 11 de maio a V Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que este ano levan por título “A produción de leite no Xallas”.

A xornada está dirixida preferentemente a gandeiros e inclúe unha xornada técnica o venres 10 e visitas a Grille Sociedade Cooperativa Galega e Sat Busto Corzón ganderías de referencia o día 11. En canto ás ponencias técnicas abordarán temas de interese para o sector como boas prácticas agrarias para aproveitar ao máximo o valor fertilizante do xurro, como transformar o xurro en compost, as perspectivas para a produción de leite en Galicia ou que rotacións de cultivos forraxeiros son máis interesantes en vacún de leite ou como darlle valor ás vacas de descarte de raza frisona.

Do mesmo xeito abordarase a realidade do sector lácteo na comarca de Bergantiños-Xallas e a produción de leite no Xallas e comarcas limítrofes.

A asistencia é libre e gratuíta. Para inscribirse é preciso enviar un correo a [email protected] ou chamar aos teléfonos 686 620 154 ou 619 032 791.

PROGRAMA V Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

Obras no Centro de Saúde

Así mesmo, a Deputación vén de asinar un convenio co concello para o financiamento (o 80% dos case € de investimento) da rexeneración da parcela de equipamentos deportivos e centro de saúde da Picota.

O centro de saúde precisaba unha intervención para a súa rexeneración xa que o primeiro estaba afectado polas humidades de filtración procedentes da cuberta que será substituída coa mellora da eficiencia enerxética do edificio. En canto á pista de futbito, será convertida en pista de pádel ao tempo que se mellorará as zonas naturais próximas como zona de lecer ao aire libre para persoas usuarias das instalacións.

Comentarios