Mazaricos pecha as Andainas Coñece a Costa da Morte
Rematou unha nova edición, a 5ª xa, do máis que exitoso programa de Andainas Coñece a Costa da Morte. Fíxoo en Mazaricos, e con case 300 persoas de 9 localidades da bisbarra descubrindo novos recunchos da súa natureza. É precisamente ese o sentido deste programa, o de coñecer mellor a nosa bisbarra para aprender a respectala máis. “Este tipo de iniciativas entre Concellos son moi importantes para coñecer e formarse na túa propia contorna que, moitas veces, é descoñecida, cando podes ter paraxes fermosos moi preto da casa”, explicaba o alcalde mazaricán Juan José Blanco, dando o peche a máis de 100 km de roteiros.
Os sendeiristas de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e, por suposto, de Mazaricos, realizaron a Ruta da Pontenova., un roteiro circular duns 13 km. Un dos puntos máis fermosos foi a subida ao mirador de Corzón, onde os camiñantes puideron ter unha vista privilexiada da contorna e do Encoro da Fervenza. O punto de descanso foi o complexo recre- ativo da Pontenova, sobre o río Beba. As persoas participantes puideron facer un descanso e contemplar a ponte Medieval con arco de medio punto e dous vans.
O percorrido desenvolveuse sen incidentes grazas ao traballo dos efectivos de Protección Civil do Concello.
Novas relacionadas
- 180 km de corredoiras para facer historia na Primavera en Ruta de Senda Nova.
- As Andainas da Costa da Morte percorren os muíños de Cambeda
- Facendo comarca a pé nas Andainas Coñece a Costa da Morte
- Mil parabéns para o Inclusivo Camiño Sen Límites.
- 10-04-17: 400 veciños da bisbarra descubren andando a maxia de Cee.
- Ponse en marcha a 5ª edición das Andainas para coñecer a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).