Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mazaricos prepárase para a gran Xuntanza de Maquinaria Agrícola

Mazaricos prepárase para a gran Xuntanza de Maquinaria Agrícola
xuntanza maquinaria mz O Concello e os Gandeiros de Mazaricos prepáranse para encher de máquinas a Feira da Picota. A XUMAGRA, Xuntanza de Maquinaria Agrícola-Forestal e de Xardín, celebrarase estes vindeiros sábado 8 e domingo 9 de xullo no multiusos da Picota. Unha gran ocasión para ver as mellores novidades do sector e atopar grandes prezos. Tractores, segadoras, remolques, desbrozadoras… Está prevista a asistencia de medio centenar de ex- positores e nela participarán numerosas empresas de servizos da zona.
A maquinaria que poderán ver os visitantes será das marcas máis punteiras no sector. Ademais de agrícola tamén haberá forestal e de xardín. Para complementar todo isto os visitantes terán unha exposición de vehículos de ocasión, actividades para nenos e pulpada a prezos populares. O recinto estará aberto do 10:00h as 22:00h. O alcalde, Juan José Blanco Riveiro cre que “Xumagra é un xeito de comple- mentar a Semana Gandeira”. “Ambas actividades van destinadas a promocio- nar un sector tan fundamental para a riqueza e o emprego na nosa contorna”. Pola súa banda o presidente da Asociación de Gandeiros de Mazaricos, Óscar Blanco cre que este tipo de convocatorias “dinamizan o tecido asociativo e ofertan posibilidades e novidades ás persoas que se dedican á gandeiría e á ag- ricultura e a quen se beneficia secundariamente delas. É lóxico que un concello coas características do de Mazaricos bote a andar esta convocatoria”.

Fonte

Comentarios