Mércores. 19.06.2019
El tiempo

Mazaricos prepárase para a súa gran Semana Gandeira

Mazaricos prepárase para a súa gran Semana Gandeira
Semana Gandeira de Mazaricos 2017

É unha das semanas máis esperadas do ano en Mazaricos. Unha Semana que une a todo Mazaricos arredor do sector gandeiro, porque xa saben que no concello da MZ o 90% da súa poboación depende do leite.

Do 27 de novembro ao 3 de decembro deste 2017, o Recinto Feiral da Picota encherase de actividades. Durante toda a semana haberá exposición de maquinaria agro-gandeira e de servizos, e os escolares de toda a volta poderán gozar tanto deses tractores impresionantes, como das visitas ás explotacións gandeiras do concello. Entre as actividades semanais tamén destacan os cursos e exhibicións de cociña, así como os exitosos concursos de fotografía, de relatos curtos e de de sobremesas.

Os días grandes serán o sábado 2 e domingo 3 de decembro, coa Xornada Técnica e a Poxa de Xovencas como grandes focos de atracción.
Pero ademais, a tarde do sábado estarña amenizada co concerto de A Banda de Balbina, e terá lugar a entrega de trofeos.

Xornada Técnica

O sábado será o día da Xornada Técnica. Dende ás 10:45 e ata as 14:00h falarase de temas tan interesantes como as pautas necesarias para mellorar a calidade da leite (da man de Alejandra de la Barrera, do Grupo PS Vet DairyQuality S.L.). Tamén ser tratarán as claves para unha boa inseminación seguindo o pioneiro curso impartido hai unhas semanas (con dous veterinarios de Xénese).

Sairán á palestra outros temas interesantes, como o bancario, o estrés por calor ou a nutrición das becerras. Ademais haberá unha interesante reflexión comunal dirixida polo Director do CLUN sobre o camiño que está tomando o sector.

A Poxa

Sen dúbida, a cita que máis atención acolle será a Poxa de Xovencas. Xa o sábado pola mañá os animais irán entrando na carpa anexa, onde pasarán a noite. Pola tarde poderase pasar a velas.

O domingo, a partir das 11:00h, comezará a poxa, e veremos se se chegan aos 2.550€ que valeu a vaca de Curtis, a máis cara do ano pasado.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios