Xoves. 18.04.2019
El tiempo

Mazaricos recupera a “tractorgata” de Reis no seu programa de Nadal

Mazaricos recupera a “tractorgata” de Reis no seu programa de Nadal
Imaxe da Tractorgata do ano pasado en Mazaricos   Os Reis Magos, por Mazaricos, cambian os camellos por tractores, como non podía ser doutro xeito, para demostrar o poder do sector agrogandeiro no concello da MZ. Non terán problemas, como xa aconteceu o ano pasado, en calzar as botas de auga, e meter os pés na lama as súas maxestades durante a saída do sábado 17:00h a partir das 16:00, pois por Mazaricos iso é o pan de cada día. A TVG estivo no Mazachef Pero o programa de Nadal chega máis completo. A primeira actividade xa se desenvolveu este pasado xoves, co Mazachef, o exitoso curso de cociña da aula gastronómica que contou ademais coa visita da TVG. Onte tamén celebrouse o curso de defensa persoal para mulleres e o sábado pola mañá terá lugar o Festival de Nadal da Escola de Música pola tarde. O Concello levará adiante ademais tres campañas, unha de fomento do comercio local, co sorteo de vales de 50€, outra do turismo, na que o premio será unha fin de semana de turismo no Concello e unha terceira na que as nenas e nenos escribirán os seus desexos para o concello. Unha das grandes citas será o concerto de Tania Fuegho o 22 ás 22:00 da noite, para o que é preceptivo reservar entrada chamando ao 981 86 71 95. Ao día seguinte, o domingo, María del Carmen Rey Núñez presentará a súa obra “Mulleres”. O mércores 26, xoves, 27 e venres, 28 será a quenda ideal para nenas e nenos, pois terán obradoiros diversos polas mañás e cine polas tardes na Casa de Cultura. Non podía falta o gran baile das persoas maiores o día 30 tamén na Casa de Cultura. O día de fin de ano reedítase a Carreira do Leite, que o ano pasado se suspendeu pola meteoroloxía. Ao chegar de correr será o IV Brinde Leiteiro. Nadal Mazaricos Programa 2018

Comentarios