Mazaricos tamén aproba o seu POS
11:05 11/02/22
Tamén celebrou o Concello de Mazaricos o seu pleno para aprobar o Plan Único POS+ da Deputación. O grupo de goberno sacaba adiante a súa proposta de obras coa abstención da oposición, mentres que a parte social era aprobada por unanimidade.
A consolidación das ruínas de Santa Baia e a ampliación da rede de saneamentos de Suevos, son dúas das obras máis importantes se ben a mellora do firme de 6 parroquias levan boa parte do investimento, como vimos xa na proposta presentada.