Venres. 29.03.2024
El tiempo

Mazaricos tamén celebrou o seu primeiro pleno virtual

PLENO VIRTUAL Mazaricos
Pleno virtual en Mazaricos
Mazaricos tamén celebrou o seu primeiro pleno virtual

O pasado venres celebrouse un pleno extraordinario por vía telemática en Mazaricos. Deste xeito, explica o alcalde Juan José Blanco, “compatibilízase a limitación de circulación das persoas establecida no estado de alarma e garantízanse os dereitos democráticos”.

Mentres, o cadro de Protección Civil do Concello de Mazaricos repartiu, coas debidas medidas de protección, máscaras a veciños e veciñas. Un total de 4100 máscaras a 1250 domicilios.

Reparto de mascarillas por Mazarics

Ademais, para complementar a iniciativa de asesoramento deportivo telefónico, o Concello vén de abrir a inscrición para clases virtuais de pilates e TRX. A institución entregará ás persoas anotadas o material nos seus fogares aínda que, se faltan á clase, procederá a retirarllo. Para participar é preciso chamar ao 981 86 71 04 en horario de mañá. As clases son de balde e a persoa recibirá no teléfono unha ligazón para unirse á aula.

Comentarios