Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mazaricos volve namorar o seu comercio por San Valentín

Mazaricos namora por entroido
Mazaricos volve namorar o seu comercio por San Valentín

O Concello de Mazaricos volve organizar, coa colaboración de máis de 30 establecementos locais, a campaña de promoción comercial e hosteleira “Namórate de Mazaricos”. Nesta cuarta edición consecutiva, a campaña sorteará 66 vales de compra por valor de 10 euros entre as e os clientes das tendas, bares e restaurantes ata o día 14 de febreiro.

O gran premio desta edición será o sorteo de dous vales por valor dunha noite romántica para dúas persoas, que inclúe estancia en calquera cabana turística mazaricá e unha cea, valoradas en 250 €. O sorteo celebrarase o vindeiro 14 de febreiro e emitirase a través das redes sociais do Concello.

Destacan que se trata dun “importante impulso para a economía local nunha época do ano que tradicionalmente era máis frouxa no comercio”.

Nesta edición de 2023, os locais participantes son o Bar Pedra do Ouro, Pizzería Pinocchio, Naturmaz Viajes, Bar Casais, Casa Jurjo, Casa Pego, Asador Manduca, Casa Daniel, Picotiños, MazDeporte, Carnicería Bolívar&Atán, Peluquería Corto y Cambio, Casa Senra, Pescadería Mareas Vivas, Peluquería Ghedellas, Mobles Tanexo, Peluquería Deluxe, Almacéns Casais, Fotos Rosa Moledo, Calzados peteyra, Mobles Pinares, Frutas Santi, Panadería Tito, Panadería Maroñas, Óptica Mazaricos, Parrillada California, Peluquería Imaxe, Restaurante Efe-Eme, Bar Rial, Casa Chelo, Pan Jurjo e Campamento Corzón.

Comentarios