Mazaricos xa treme ca Festa da Fervenza

09:27 18/07/13

Xa temos datas e orquestras para esta Festa da Fervenza de Mazaricos 2013, unha das máis multitudinarias do verán. A festa será o venres 9 de agosto, sábado 10 e domingo 11 de agosto no encoro da Fervenza, en San Cosme de Antes.
O venres 9 de agosto estará a discoteca móbil con doble potencia de son, e a orquestra Tekila.
E para o sábado 10 de agosto, prato forte, a espectacular actuación da grandísima orquestra Panorama, e ademais volvera a actuar a discoteca móbil acompañada dos mellores DJ'S da Movida de Santa Comba.
Ademais, durante o domingo será día das actividades caninas e cabalares.

Máis festas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).