Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Mesa redonda sobre o sector turístico en Mazaricos

XORNADA TURISMO MZ
Mesa redonda sobre o sector turístico en Mazaricos

A Casa da Cultura da Picota acolle este venres 13 de maio ás 17:00 unha xornada de Turismo de Mazaricos.

Nesta cita turística compartiremos experiencias, iniciativas e visións sobre o futuro do sector entre axentes sociais e institucionais da Costa da Morte e outros puntos de Galicia. No marco desta xornada, terá lugar a Mesa Redonda "Mazaricos, pasado e futuro entre a costa e interior", con Xosé Regueira (Vicepresidente da Deputación da Coruña), Carmen Pita Urgoiti (directora de Promoción de Turismo de Galicia), Alexandra Seara (xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra) e Juan Blanco (alcalde de Mazaricos). Contaremos igualmente coa presenza de alcaldes e representantes de concellos e asociacións da zona.

Ao remate da xornada haberá unha degustación de produtos típicos.

Comentarios