Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Morre en Arxentina un home de Santa Comba ao intentar evitar un roubo

Morre en Arxentina un home de Santa Comba ao intentar evitar un roubo

Hai heroes polo mundo e esta semana, o mundo levou un por diante. Ovidio López, natural de Mazaricos e residente en Santa Comba, levaba dende os 11 anos en Arxentina. Tiña 7 fillos, varios vivindo en Galicia, e ao pequeno e mais á súa muller, nunca se lle vai olvidar esta semana. Ovidio foi asasinado cando intentaba auxiliar a unha muller dun roubo.

O suceso acontecía o pasado sábado pola tarde na vila de El Jagüel, preto de Bos Aires. Ovidio , coñecido como “El Gallego”, como non, estaba na casa ca familia cando escoitou berros da dentista que aluga o piso do lado. Saltou correndo a auxiliar á dentista e á clienta, abalanzouse contra o ladrón, pero este zafouse e comezou, sen mediar palabra, a tiros con el. 3 disparos, e logo outros 2, “con saña”, como decine a súa viuva, chorando a morte do seu heroe, polo que ninguén fixo nada.

Os ladróns marcharon, sen roubar nada, pero deixando un reguero de sangue ao seu paso. A moto non arrincou e tiveron que empurrala, pero a Policía tardou e tardou e nada máis pasou.

Marchou un xalleiro, marchou un heroe.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios