Mazaricos espalla a identidade gandeira entre a cativada de Mazaricos
Deu comezo o completo programa da Semana Gandeira 2024 de Mazaricos. A cita que volverá convertir recinto feiral da Picota durante esta fin de semana no epicentro do sector de toda Galicia, comezaba dende abaixo, dende a escola.
Porque o principal produtor leiteiro de Galicia (con 137 millóns de litros producidos durante 2023), reivindica o motor da súa economía agrupando a profesionais de toda Galicia; pero tamén da súa identidade, promovendo a cultura gandeira dende o berce e convertíndoo nun verdadeiro motivo de orgullo.
Durante toda esta semana, as rapazas e os rapaces dos centros de ensino de Mazaricos visitan explotacións gandeiras de referencia en Galicia, como son a gandería Os Loureiros de Vimianzo ou a Casa Grande de Xanceda. A visita a esta última, unha das granxas máis famosas de Galicia, abriu o programa de visitas. A cativada vimiancesa mazaricá visitou obte a granxa ecolóxica no municipio de Mesía con fábrica de produtos lácteos.
E hoxe fará o propio na vimiancesa de Os Loureiros, unha explotación que destaca por facer uso da innovación tecnolóxica, ao día seguinte, onde se cadra non o pasan tan ben tan ben como en Xanceda, pois a granxa de Mesía conta case cun pequeno zoolóxico de animais rescatados.
Esperando a fin de semana
Chegada a fin de semana, o recinto Feiral da Picota será a sede de dous días de celebración e actividades. Ademais, tanto o sábado como o domingo acollerá unha exposición agraria e de servizos.
O sábado pola mañá terá lugar unha Mesa Redonda Virtual que analizará o estado do sector lácteo. Posteriormente, ás 12h da mañá, haberá unha Gran Sesión Vermuuuuu amenizada por DJ Rokiño.
Durante a tarde do sábado entregaranse os premios do concurso de fotografías por whatsapp e do de postres lácteos. Os premios incluirán ceas en establecementos de hostalería mazaricáns ou vales de compra no comercio local.
Xa o domingo, 1 de decembro, o recinto feiral acollerá unha nova Poxa de Gando Frisón Memorial José Moreira, onde novamente se acadarán altas cifras de negocio por exemplares desta raza vacúa, congregando a varios centos de persoas. Ademais, un ano máis, repártense máis de 2.000 euros en premios entre as persoas asistentes.
A Semana Gandeira de Mazaricos está organizada en colaboración entre o Concello, Gandeiros de Mazaricos e Africor. O evento é posible tamén grazas á colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, así como o patrocinio de Abanca.