![Manuel Gonzalez -Mazaricos]()
O mazaricán Manuel González González, membro da Real Academia Galega, vén de gañar un dos tres premios Lois Peña Novo, concedidos este ano pola fundación que leva o nome do intelectual vilalbés membro das Irmandades da Fala.
González recollerá o galardón o vindeiro 28 de xuño no castelo de Soutomaior (Pontevedra) O xurado recoñece así o "seu traballo de investigación científica e constantes achegas á riqueza do noso idioma”.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/apelido-galego-para-o-concello-de-mazaricos/
https://quepasanacosta.gal/o-academico-manuel-gonzalez-gonzalez-sera-noemado-fillo-predilecto-de-mazaricos/