O Concello de Mazaricos licita 600.000€ en obras no último mes da lexislatura

09:10 29/04/15

Chegan as eleccións e parece que hai que facer cousas. Pero por Mazaricos parece que non haberá mañá. Ou ben levan moitos meses de parálise, ou ben hai que deixar todo atado e ben atado.
Se non, non se explican os preto de 600.000€ que está a licitar o Concello de Mazaricos, só en materia de “Melloras no afirmado” de camiños e estradas. E non é culpa das axudas da Deputación para o POS, que no caso de Mazaricos ascenden a 220.000€.
Un total de case 600.000€ que podemos comprobar dende a web contratosdegalicia.es.
Data | Licitación | Importe | Estado a 27-04-15 |
27-04-2015 | Contratación da obra MELLORAS NO AFIRMADO DE VARIOS CAMIÑOS MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS DE BEBA, COIRO, EIRÓN, MAROÑAS E CHACÍN. DTC | 97.900,32 € | Adxudicado |
20-04-2015 | Contratación da obra MELLORAS NO AFIRMADO DE VARIOS CAMIÑOS MUNICIPAIS: ARCOS, COLÚNS, CUÍÑA, GRILLE, SAN COSME, GODÓN, VIOXO, LAGO E FOXAS | 98.020,72 € | Formalizado |
31-03-2015 | Licitación da obra MELLORAS NO AFIRMADO DE VARIAS VÍAS MUNICIPAIS NOS LUGARES DE A PICOTA, PINO DE VAL E PAZOS | 77.783,47 € | Pendente de adxudicar |
31-03-2015 | Licitación da obra MELLORAS NO AFIRMADO DE VARIOS CAMIÑOS MUNICIPAIS (EIRÓN, COIRO, MAZARICOS, COLÚNS, ARCOS, CHACÍN, | 182.708,77 € | Pendente de adxudicar |
27-04-2015 | Adxudicación da obra "MELLORAS NO AFIRMADO DE VARIOS CAMIÑOS MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS DE ANTES, CORZÓN E ALBORÉS" | 102.318,06 € | Adxudicado |
Novas relacionadas
- Un repaso á todas as obras, concello a concello, do POS 2015.
- Movementos no taboleiro político de Mazaricos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Contratosdegalicia.es.