Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Concello de Mazaricos tamén se apunta ao bando por whatsapp

O Concello de Mazaricos tamén se apunta ao bando por whatsapp
O Concello de Mazaricos apuntase ao Whatsapp

Xa o estamos comprobando en Santa Comba co activísimo sistema de avisos por whatsapp. Agora é o Concello de Mazaricos o que se apunta a este servizo, que vai ser imprescindible en moi pouco tempo para todos os municipios costeiros. De feito, cremos que os nosos Concellos son especialmente ideais para esta clase de servizos, ao ser comunidades relativamente pequenas.

Despois dun período de proba, xa está operativo o servizo de comunicación de incidencias para este sistema de mensaxería. Un sistema de comunicación bidireccional coas veciñas e veciños, pois ademais de informar, dende o Concello recibirán as incidencias que teñan os veciños, como un bache, un punto de luz averiado, etc. Ao mesmo tempo, o Concello enviaralle aos usuarios, avisos, convocatorias, anuncios, etc.

Poden apuntarse no 628809761, indicando un nome e a parroquia á que se pertence.

Novas relacionadas

  • O Concello de Santa Comba: do Bando ao whatsapp.
  • Fonte

    Comentarios