Martes. 10.09.2024
El tiempo

O Fermaz Festival queda finalmente cancelado

O Fermaz Festival queda finalmente cancelado

Non puido ser. Ese festivalón que ía colocar a Costa da Morte no panorama electrónico europeo, con case 40 horas de música facendo que Mazaricos cambie, tivo que suspenderse a só 2 días do seu comezo.

A organización da man de Zero Management Events, despois duns días de incertidume, acaban de enviar un comunicado anunciando a cancelación de todo o festival.

Entre as causas pode estar a falta de apoio do Concello de Mazaricos, que desta volta intentou axudar en todo o posible á organización- O Concello sacaba esta semana un comunicado oficial informando de que “esta administración non forma parte da organización deste festival” e mesmo pedindo a retirada do logo do cartel despois de non ter recibido apenas información da organización.

Comunicado oficial tiña que sacar tamén a organización do FF, ante os rumores que corrían pola rede, recoñecendo que a venda de abonos anticipados non foi tan boa como esperaban e que pasaron días de incertidume económica. E malia que esta primeiriza organización non quería deixar a festa a medias, finalmente tiveron que optar pola cancelación total.

"A imposibilidade de obtención dos permisos necesarios para o desenvolvemento do festival" foi a causa final da cancelación, como explican neste comunicado no que ademais contan como vai ser o plan de devolución das entradas:

Comunicado de cancelacion do Fermaz Festival

Máis información

Novas relacionadas

Festivais pendentes

Festivais vividos da Axenda Sonora

Fonte

Comentarios