O GDR aposta por unha clínica de podoloxía en Mazaricos e un centro social en Vimianzo


A Xunta Directiva da asociación GDR Costa da Morte –presidida por Manuel Muíño- vén de aprobar na súa última reunión (celebrada na tarde-noite de onte) dous novos proxectos: a creación da clínica de podoloxía Pieses (Mazaricos), e maila rehabilitación e adaptación dun edificio para centro social para a C. M. V. M. C. de Cures e Mouzo (Vimianzo).
No primeiro caso, o orzamento ascende a 13.578 €, e o importe da axuda sitúase nos 5.974 €, o que supón un 44% sobre o total.
O orzamento no caso do centro social da C. M. V. M. C. de Cures e Mouzo elévase a 47.353 €. A contía da subvención é de 31.253 €, cifra que se traduce nun 66% sobre o importe total.
Ambos proxectos contan coa verificación do ICE (Informe de Control de Elexibilidade) por parte de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) e xa foron aprobados pola Xunta Directiva do GDR Costa da Morte.
Agora foron remitidos novamente a AGADER para que este organismo emita as resolucións e llelas envíe aos promotores.
Proxectos de Medio Ambiente
>A Xunta Directiva tamén acordou participar en dous proxectos para concorrer á convocatoria de proxectos de cooperación do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Marino. O primeiro deles é sobre reservas de biosfera, mentres que o segundo é sobre o fomento da innovación no medio rural.
Ademais, os directivos da entidade estudaron as posibles liñas de actuación no marco do Programa de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural para o período 2010 – 2014, que se irán concretando en vindeiras reunións.
Novas relacionadas
Máis novas
- Carta da APTCM pola descoordinación do sector turístico.
- O GDR Bergantiños recupera a semente tradicional.
- Os 2 GAC da Costa unen as súas forzas.
Fonte
- Nota de prensa do GDR Costa da Morte.