Xoves. 22.08.2019
El tiempo

O Modesto Patrimonio: Lugar de Castrelo, Colúns de Mazaricos

O Modesto Patrimonio: Lugar de Castrelo, Colúns de Mazaricos
Lugar de Vilarcovo-Coluns-MZ-Foto-Modesto Garcia Quintans Lugar de Vilarcovo, Colúns-Foto-Modesto Garcia Quintans Hoxe imos dar un paseo polo Lugar de Castrelo, pertencente á parroquia de Colúns, no concello de Mazaricos. Para chegar, cóllese a estrada que sae da Ponte Olveira en dirección a Arcos e baixando por Vilarcobo tómase o ramal da dereita que conduce ao lugar. Está no alto mirando ao Río Xallas e ao Castro das Teixoeiras. Á man dereita comeza a Carballeira de Anllares, bordeada por unha pista forestal. Dá gusto mirar esta aldea de aspecto medieval con dúas enorme naves avícolas e unhas bonitas paixases coma o Monte do Pindo de fondo. Pero o que sorprende é que neste lugar, e pegado a un depósito de abastecemento, existan os restos duns muíños fariñeiros. De onde procedía a auga para mover o rodicio? Un veciño sacoume de dúbidas: Díxome que fai moitos anos atrás, os veciños deste lugar cortaron a auga cunha presa no Rego de Vilarcovo, na paraxe Vao da Laxe, para conducíla cunha canle de terra ata o lugar onde construíron un muíño coñecido como “Muíño do Lugar”; máis tarde construiron outro máis arrriba coñecido como “Muíño do Campo”. O mesmo rego servía para abastecer ao bebedeiro público, os lavadoiros, e tamén recollían a auga para usos domésticos. Todas estas vellas construcións xa non existen, salvo os restos dos muíños. E xa que falamos de muíños, o rego que baixa de Vilarcobo e desemboca no río Xallas, fronte ao Castro das Teixoeiras, alimentaba no seu percorrido sete muíños: Muíño de Abuelo-Fisterro, Muíño de Vilarcobo, Muíño do Caseiro, Muíño da Foriña, Muíño de Caamaño, Muíño da Laxe, Muíño do Sandelo. Todos encóntranse en estado ruinoso e só pode funcionar o de Sandelo. O rego no verán está totalmente seco.

Os Abuelo

Santiago Abuelo Alvite-oleo de Alvarez de Sotomayor Santiago Abuelo Alvite-óleo de Alvarez de Sotomayor Agora imos falar dunha importante familia deste entorno. En Vilarcovo había unha familia de apelido Abuelo que se espallou para os lugares de Castrelo e Campelo. No lugar de Campelo naceu no ano 1866 Santiago Abuelo Lado que se licencia en Teoloxía en Santiago e no ano 1890 foi nombrado presbítero sendo cura de Piñeiro (Ames), Seavia (Coristanco), arcipreste de Moraña e párroco en Cuntis de Pontevedra. En 1957 foi nombrado Coengo da Catedral de Santiago onde foi enterrado en 1960. Un irmán do cura Santiago casou con Francisca do “Gallego das Maroñas”, onde nace este apodo, e tiveron catro fillos, un deles foi Santiago Abuelo Alvite, que naceu en 1884 que foi para o Seminario de Santiago e no ano 1906 estivo de coaxutor en Seavia (Coristanco) co seu tío e padriño; en 1914 estivo de cura en Chacín e no ano 1921 marchou para Malpica de Bergantiños. Morreu no ano 1946, sendo enterrado no panteón parroquial desta parroquia. Existen rumores de que os seus familiares trouxeron os seus restos para o cemiterio de Colúns. Un irmán, Jesús, casado na casa de Campelo, tivo que marchar con dúas fillas xemelas para Buxantes a herdar na casa dun familiar da muller do lugar de Busto. De aquí nace o apodo “Abuelo de Busto”.
  • Modesto García Quintáns.
 

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios