Venres. 03.05.2024
El tiempo

3 detidos en Mazaricos por emborrachar ata a morte a un veciño con diversidade e arroxalo nunha pista

Garda Civil Criminal
O vehículo foi incautado para o seu análise pola Garda Civil
3 detidos en Mazaricos por emborrachar ata a morte a un veciño con diversidade e arroxalo nunha pista

Terrible suceso o que relata hoxe a Garda Civil, que rematou con 3 rapaces de Mazaricos detidos por homicidio imprudente dun veciño e omisión do deber de socorro .

O caso, nomeado Operación Esmorga, remóntase ao 14 de novembro do pasado ano, cando unha veciña de Mazaricos atopabba o cadáver dun veciño (un home con diversidade funcional) nunha pista de terra, a uns 700 metros do lugar de Atán.

Malia que o cadáver non presentaba signos aparentes de violencia que puidesen ocasionar a morte, a Garda Civil iniciou unha investigación para intentar esclarecer a causa do falecemento e circunstancias en que este se produciu. Para iso comezou por tratar de reconstruír as súas últimas horas de vida, tendo en conta que o informe toxicolóxico acreditaba a presenza dunha gran cantidade de alcohol no seu organismo, sendo este feito, como a causa preponderante da morte.

Segundo as investigacións, o home estaría volvendo á Picota cando se cruzou co vehículo en que viaxaban os agora detidos, que regresaban á casa dun deles para poñer fin a unha noite de festa. Recollérono e levárono á casa. Unha vez alí servíronlle unha gran cantidade de bebidas alcohólicas de alta graduación, que bebeu “de forma inxente e continuada, tendo en conta que a súa incapacidade impedíalle ser consciente dos seus actos e as consecuencias que tal inxesta podería ter, ata o punto de provocar nun primeiro momento o seu evaecemento e posteriormente a súa morte”.

A Garda Civil descoñece si xa se atopaba falecido ou moribundo, pero todo indica que instantes despois, e utilizando o mesmo vehículo, o corpo foi trasladado e arroxado ao lugar onde posteriormente sería atopado pola súa veciña.

A Garda Civil procedeu á detención destas tres persoas como presuntos autores dun delito de homicidio imprudente e outro de omisión do deber de socorro. O coche ademais está ao dispor do Laboratorio do Servizo de Criminalística desta Comandancia que practicou unha minuciosa inspección técnico ocular co obxectivo de atopar restos biolóxicos do falecido, cuxos resultados aínda se descoñecen.
Os detidos, xunto coas actuacións realizadas e efectos aprehendidos, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución Número Uno de Muros.

Comentarios