Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Os veciños volven participar nos Plenos de Mazaricos

Os veciños volven participar nos Plenos de Mazaricos
Imaxe do Pleno de Mazaricos Imaxe do Pleno de Mazaricos

O pleno do pasado venres 13 celebrado en Mazaricos era importante. O grupo de goberno (o BNG ten maioría absoluta) presentaba os orzamentos para 2016, e coa abstención do resto do PP, aprobáronse unhas contas que se basean en dúas liñas, segundo o seu alcalde, Juan José Blanco: "Investimento e cambio en caracter social".

O goberno explicou que "grazas ao aforro en nóminas a políticos (a baixada do soldo do alcalde e eliminación da dedicación do teniente alcalde) e diversos servizos que estaban externalizados e que agora se realizan dende o concello", o presuposto permitirá investir "máis cartos en educación, servizos sociais e fomento do emprego, e mesmo para o turismo", algo que se fai por primeira vez.

Sobre un total de 2,6 millóns de eiros, cifran o Gasto Social en 73.000€, enfocados á axuda á dependecia; uns 30.000 destinados á partida cultural, 15.000 á deportiva; duplicándose as axudas ás ANPAS e colexios. A partida para turismo e pequenas empresas contará con 35.000€, mentres a de creación de emprego, 21.000€.

Gran participación veciñal

Houbo tempo para os rogos e preguntas, desta volta con moita máis xente que o que era habitual. A participación veciñal é unha boa nova para Mazaricos.

Preguntouse sobre o Polígono Industrial, e o alcalde recoñeceu que é posible que non se poida executar "debido a que esta ubicado nunha zona de gran concentración de restos arqueolóxicos", algo que non se contempla en ningún documento municipal, mentres se segue agardando polo PXOM.

Preguntaron tamén os membros da oposición, e por exemplo Nicolás Martínez ofreceuse a colaborar para propoñer as obras do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación, e preguntou pola ausencia dos comercios locais non ligados á agricultura na poxa de xovencas. O alcalde sinalou que están pensando artellar unha feira específica para o comercio local non agrario.

Fonte

Comentarios