Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Pádel e natación, as actividades das Escolas Deportivas de Verán de Mazaricos

pádel en Mazaricos
Pádel e natación, as actividades das Escolas Deportivas de Verán de Mazaricos

O departamento de Deportes do Concello de Mazaricos organiza unha nova edición das Escolas Deportivas de Verán. Este ano, as actividades ofertadas serán pádel e natación. No caso do pádel, a actividade diríxese tanto a nenas e nenos como a persoas adultas, a partir dos oito anos de idade.

As clases de natación tamén se dirixen tanto a nenas e nenos como adultos, neste caso a partir de cinco anos de idade. Estas clases terán lugar na piscina municipal.

natación en Mazaricos

O período de inscrición para as Escolas Deportivas abre o vindeiro luns, 10 de xuño. Pódese efectuar a inscrición na Casa do Concello ou no teléfono 649 864 393. Todas as actividades son gratuítas e darán comezo o luns 1 de xullo.

Ademais, o Concello anuncia que a piscina municipal abrirá as súas portas para o público a partir do sábado 22 de xuño. Permanecerá aberta ata o domingo 8 de setembro.

Comentarios