Luns. 28.11.2022
El tiempo

Piden á Deputación unha senda peonil para a estrada que une O Pino de Val e A Picota

Mapa de Mazaricos
Piden á Deputación unha senda peonil para a estrada que une O Pino de Val e A Picota

O aínda voceiro do PSOE de Mazaricos, Javier González Trillo, do que xa contamos que con total probabilidade se presentará ás eleccións municipais cunhas siglas diferentes, vén de solicitar á Deputación da Coruña melloras para solventar as deficiencias existentes na estrada DP-3404.

Afirma que a estrada en cuestión está a ser un problema para a seguridade da veciñanza, e solicita senda peatonal para manter á seguridade dos veciñ@s que camiñan pola estrada DP-3404 entre Pino de Val e A Picota ó seu paso pola aldea de Val. O concelleiro Javier González, remitiu a esta deputación un escrito, pola tan demandada senda, toda vez que cree que debería estar alomenos en trámite dende fai bastante tempo.

comentarios