A Plataforma Vendaval organiza unha xornada reivindicativa sobre a balsa da Ruña
A xornada que a Plataforma Vendaval Costa da Morte vai celebrar o próximo día 10 de novembro na casa da cultura do concello de Mazaricos, unha xornada na que se debatirá, explicará e informará sobre a situación do proxecto de creación da estación de bombeo na Ruña e demais iniciativas neste monte.
Técnicos, estudiosos do tema e outros persoeiros explicarán as consecuencias a diferentes niveis tanto no patrimonio como no medioambiente.
A xornada comezará ás 11:00h cunha mesa redonda coa participación de Juan Ramón Vidal Romaní (Catedrático Emérito en Xeoloxía UDC); Carmen Varela (da Asociación de Veciños O Outeiro de samamede de Monte (A Baña)); Tonio Nogueira (Técnico ambiental e activista da plataforma Eólica así Non) e Xoan Castro (Enxeñeiro agrónomo e activista de Ulloa viva).
Ao remate, ás 13:00h realizarán unha concentración na praza de Mazaricos, para despois ir xantar (poden reservar no 667 12 71 12) e facer unha Subida reivindicativa ao cumio do monte glaciar da Ruña.
Máis novas do proxecto