Protección Civil de Mazaricos salva un miñato mancado


Arredor das 17:00h da tarde do pasado domingo un veciño da parroquia de Albores, en Mazaricos, avisaba ao 112 da presencia dun miñato mancado que non podía voar. Aló foron os salvadores de Protección Civil mazaricán a ver situación, que desconfiaban que puidese ser un atropelo pois pola mañá houbera unha saída de vía na zona.
O miñato estaba pola carballeira onde fora avistado, e “só podía facer voos de 15 metros, pero de mala maneira”, como nos conta Benito Reboredo. Alí o puideron coller con tranquilidade e aplicarlle o protocolo, de metelo nunha caixa de cartón con buratos e pouca luz.
Así, o luns a primeira hora da mañá, Axentes de medioambiente levaron o miñato para o Centro de Recuperación de Fauna de Oleiros, onde esperan que se recupere para devolvelo ao seu hábitat natural.
Novas relacionadas
- Febreiro 2017: Os Veleiriños invanden as praias da zona.
- Outubro 2016: As Salpas salpican a praia de Laxe
- Outubro 2016: A aparición recorrente do chapapote do Prestige:
- Xullo 2016: Galicia recibe as crebas da Costa da Morte da man de Mar de Fábula.
- Maio 2016: O lobo mariño Camelle xa volve ao Gran Sol.
- Xaneiro 2016: Atopan morto un crocodilo na praia malpicá do Riás.
- Setembro 2015: A Ardentía ilumina o mar do Pindo.
- Outubro 2014: A praia de latas do Casón.
- Xullo 2013: As algas, os trapos sucios das algas na Costa da Morte.
- 2010: As praias da bisbarra convértense en fosas comúns.
- 2008: As medusas invaden a Costa.
Fonte
- Protección Civil de Mazaricos.