Segunda xornada técnica sobre o sector turístico en Mazaricos

12:45 18/04/23
O Concello de Mazaricos celebra esta venres, 21 de abril, unha nova edición, a segunda, das Xornadas de Turismo de Mazaricos. Un encontro entre institucións e profesionais do sector cunha mesa redonda onde se analizarán as potencialidades e fortalezas de Mazaricos e da Costa da Morte.
Con este fin, achegamos convite ao seu medio para asistir á mesma, a partir das 16:30h -a charla dará comezo ás 17h- no restaurante Casa Jurjo, na Picota (Mazaricos).
PROGRAMA
O seguinte cronograma comprende as actividades que se desenvolverán.
- 16.30h: Recibimento en Casa Jurjo (Avenida 13 de abril, 91, A Picota, MAZARICOS).
- 17h: Mesa Redonda “Mazaricos e Costa da Morte: Fortalezas e Oportunidades”.
- 18.30h: Remate e degustación de produtos típicos mazaricáns.
ARTIGOS RELACIONADOS
- Nando Lestón: Turismo global. Unha pandemia máis.