Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Sorprenden a un conductor transportando marisco de orixe ilegal cando o auxiliaban nun accidente

Sorprenden a un conductor transportando marisco de orixe ilegal cando o auxiliaban nun accidente
centola-ilegal-mazaricos Transportaba uns 150 quilos de centola Axentes da Garda Civil de Tráfico sorprenderon onte en Mazaricos ao conductor dun dos vehículos implicados nun accidente de tráfico transportando marisco de orixe ilícito. Os axentes acudiron ao lugar do sinistro - que tivo lugar sobre as 19:30 horas - tras colisionaran dous coches resultando ferido leve un dos ocupantes. Mentras realizaban os traballos de inspección dos vehículos constataron a presenza de 150 quilos de centola no interior dunha furgoneta isotermo que non contaba coa documentación que certificase a súa orixe lexítima. O marisco foi devolto ao mar xa que ainda estaba vivo. A Garda Civil deu cadra dos feitos ante a Xunta de Galicia e o Seprona co fin de que se investiguen os feitos por se houbera algún tipo de delito ou infracción no caso.

Accidentes 2016

Fonte  

Comentarios