mércores. 30.04.2025
El tiempo

O templo barroco de Santa Baia de Chacín acolle un concerto do grupo marfileño Vocal Eburnie

Concerto VOCAL EBOURNIE en Mazaricos
O templo barroco de Santa Baia de Chacín acolle un concerto do grupo marfileño Vocal Eburnie

Este mércores, 17 de xullo, o espazo histórico da igrexa de Santa Baia de Chacín acollerá unha nova actuación musical de entrada libre: un espectacular concerto de Vocal Eburnie. Este grupo artístico, formado en 2021, provén de Costa de Marfil, da familia da OBG Egueire, e conta con 17 membros de distintas disciplinas artísticas, como o canto, o baile e a música instrumental. O seu repertorio inclúe danzas, ritmos e cantos tradicionais africanos. Leva realizando actuacións por distintos puntos de España dende 2022, con grande éxito e fusionando todo tipo de espectáculos de canto, danzas africanas e variedades musicais con orquestra moderna e tradicional. 

A actuación, de entrada libre, terá lugar o mércores 17 ás 21h no espazo consolidado das ruínas da antiga igrexa de Santa Baia.

O grupo actuará posteriormente o venres 19 ás 21:00h no Castelo Vimianzo e o sábado 20 ás 20:00 en Muros.

Santa Baia de Chacín

Este espazo histórico, que funcionou como igrexa con culto ata ben entrado o século XX, foi recuperado polo Concello para evitar a degradación resultado do seu abandono durante décadas. Logo dun acordo entre o Concello e o Arcebispado de Santiago, as obras de limpeza e consolidación do conxunto fixeron da ruína un espazo visitable e adecuado para a realización de eventos culturais e para uso e desfrute da veciñanza. En setembro do ano pasado, a veciñanza de Santa Baia xa puido gozar da actuación de Music Glam nun concerto que devolveu a vida a un espazo de gran valor histórico e sentimental para as e os mazaricáns. 

Máis novas

Comentarios