Venres. 11.10.2024
El tiempo

Últimos días para reservar praza na Festa Africana de Mazaricos

Últimos días para reservar praza na Festa Africana de Mazaricos
Festa Africana de Mazaricos 2018Mazaricos volve a acoller a Festa Africana que organiza a ONG Egueire, sendo este ano moi especial pois se celebra a X edición.  O vindeiro 7 de xullo, a cita terá lugar no Recinto Feiral da Picota e comezará ás 12:00h con novedosas actividades como: obradoiros de danza, peiteados e tocados marfileños, unha exposición de pintura, degustación de bebidas típicas e o rastrillo de artesanía, tecidos e productos marfileños. O donativo aconsellado e de 20€ para adultos, e a entrada e de balde para os menores de 10 anos, poden facer o ingreso na conta de Abanca que aparece no cartel ou poñerse en contacto con algún dos membros da ONG antes do 4 de Xullo. Se non pode asistir tamén poden contribuir a causa participando na mesa 0, ingresando o donativo. O xantar iniciarase o redor das 14:00 da tarde, finalizado terá lugar a gran actuación de cantos e danzas de Costa de Marfil por parte da Coral Saint Luc de Banakintú, formación que leva xa unha tempada preparando a sua xira galega e que seguro nos sorprenderán. Tamén participaran na festa algún grupo local. Esta festa supón o acto central das celebracións do décimo aniversario da creación da ong polo que dende Egueire Ong agradecese a toda a xente que asiste a este e os demais actos da ong e dá o seu gran de area o cal permite que os proxectos de Egueire podan sair a diante.  Actualmente os proxectos primordiais da ong que se estan levando a cabo son o sostenemento da maternidade que se inaugurou en decembo de 2017, a creación dunha granxa – escola e a colabración co orfanato “Amigos do sorriso” e coa “Plataforma Sanidade” de Grand-lahou.

Novas relaciondas

https://quepasanacosta.gal/as-miradas-de-marfil-enchen-de/

Comentarios