Martes. 10.12.2019
El tiempo

Un concurso de fotografía completa o programa da Semana Gandeira de Mazaricos

Un concurso de fotografía completa o programa da Semana Gandeira de Mazaricos
[fbvideo link="https://www.facebook.com/871104459619782/videos/1267718999958324/" width="500" height="400" onlyvideo="1"] 1-premio-concurso-fotografia-mozos-e-maiores-no-agro-da-semana-gandeira-mz-2015 Esta foto levou o 1º Premio do Concurso do ano pasado Con motivo da Semana Gandeira que se está a preparar en Mazaricos - e que terá lugar do 14 ao 20 de novembro - a asociación Eu Son Mazaricos organiza o II concurso de fotografía sobre a gandería e vida no rural en Mazaricos. Os interesados en participar poden enviar as súas fotografías mediante a aplicación de Whatsapp ao número de teléfono 628 80 97 61 acompañada polo nome e apelidos do participante, enderezo, número de contacto e título da imaxe establecéndose un máximo de dúas fotografías por participante.O prazo de presentación das fotos remata o este venres, día 11. As fotografías presentadas publicaranse - a partir do día 14 - nas diferentes redes sociais de Eu Son Mazaricos para que o público poda facer a votación ata o día 17. Premios Serán premiadas con 70 euros, a foto máis artística, a máis votada, a máis entrañable e máis divertida. O xurado estará composto por membros de Eu Son Mazaricos e por profesionais do mundo da fotografía que desenvolvan a súa actividade no concello mazaricán. As fotografías finalistas serán expostas publicamente no recinto feiral durante a Semana Gandeira.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios