Domingo. 16.06.2019
El tiempo

Un muíño na escola

Un muíño na escola
Muino instalado no colexio da Picota-Mazaricos Muíño instalado no colexio da Picota Alvaro de la Vega co Muino instaurado no cole da Picota-Mazaricos O escultor Álvaro de la Vega co muíño instaurado no cole da Picota-Mazaricos Nestes días o Colexio da Picota (Mazaricos) está facendo a presentación pública dun muíño que, con material de refugallo, armaron o alumnado eo profesorado do mencionado centro. O traballo en equipo de tódolos participantes foi fundamental, pero a idea orixinal, a coordinación, a dirección e o esforzo do profesor de plástica foi imprescindible para transformar un despacho de deseño absolutamente convencional nun muíño de auga tradicional. Falamos de Álvaro de la Vega un nomeado escultor que desborda creatividade, tanto nas tarefas docentes como na súa obra escultórica. Obra de recoñecido prestixio nos medios artísticos máis esixentes. A instalación deste muíño entre as paredes dun centro de ensino, coido que é unha boa maneira de poñer en valor a nosa cultura tradicional e de chamar a atención sobre a súa conservación. Os muíños, unha das construcións máis características e vividas da arquitectura popular galega, convertéronse dende o abandono que sufriron na década dos setenta ao ser substituídos polos eléctricos, nos espazos máis degradados e saqueados do noso patrimonio material. As paraxes idílicas e de exuberante vexetación nas que se encravaban fixeron o resto: onde antes había un axeitado equilibrio entre a frondosidade da foresta, os vieiros de acceso e as construcións; agora, na maioría dos casos, a vexetación invade e envolve estes espazos nunha perfecta operación de camuflaxe que imposibilita a súa visión e impide achegarse a eles. Espero que esta iniciativa contribúa a concienciar ás xeracións máis novas da necesidade de recuperar un dos sinais máis singulares dun xeito de vivir e traballar anterior á industrialización da agricultura. Esta iniciativa dáme pé para facer algo de historia e lembrar aquí a primeira relación que se fixo dos muíños existentes en todo o territorio galego. No ano 1752 catastrouse todo o antigo territorio da coroa de Castela, froito deste inxente traballo encamiñado a coñecer a riqueza do país, consérvase no Arquivo do Antigo Reino de Galicia a parte da documentación xerada polas diferentes operacións efectuadas e correspondentes ao territorio galego. Segundo o Catastro do marqués da Ensenada, así denominado polo Primeiro Ministro que o mandou realizar, os veciños do territorio que hoxe forma o Concello de Mazaricos, declararon a existencia de 129 muíños. Dos cales, poucos moían todo o ano, a maioría de seis a nove meses; unicamente tres posuían “dos ruedas” e todos, absolutamente todos eran de pedras “negreras”. Con esta denominación aludían a un tipo corrente de granito de cor gris escura, textura moi rugosa e non moita dureza. Estas pedras axustábanse moi ben para a moenda do millo, pero para o trigo resultaba unha fariña moi morena e algo viva demais. Preferíndose para este cereal e tamén para o centeo, as denominadas pedras “albeiras”. Neste caso era necesario un granito, moi difícil de atopar, de cor moi clara, gran dureza e textura bastante fina, do que se obtiña unha fariña máis branca e máis munda. Seguidamente pasamos a transcribir a relación destas construcións industriais, relación na que ademais se especifica en que río ou rego están encravadas e o nome do seu posuidor. Recalcar unicamente, que esta relación é froito das declaracións dos veciños, e como en última instancia, a recollida de datos tiña un propósito fiscalizador, seguramente aquelas persoas máis temerosas das consecuencias impositivas que o catastro ía traer, silenciaron parte dos seus bens: muíños, leiras, gandos, et. . Segundo os historiadores especializados no estudio desta importantísima fonte para clarexar o noso pasado, no Catastro de Ensenada atopamos entre un trinta e un corenta por cen de diferenza entre as declaracións dos veciños e a situación real. Así podemos entender mellor o baixo número de muíños, sobre todo nalgunhas parroquias. Dende esa data e ata os anos setenta do século pasado, en que as moas deixaron de virar, o número seguirá medrando e nalgunhas aldeas chegarán a posuír cada veciño o seu. Outra puntualización, aínda que pola relación de propietarios poida pensarse que nese momento non existían os muíños comunitarios, isto non é así, xa que á hora de realizar os asentamentos nos libros de declaración, acostumábase asignarlle a propiedade a efectos fiscais ao que posuía o maior número de pezas, despois este xa arraxaría cos demais participantes o reparto da súa cota impositiva. Dicimos isto porque cando se considere finado o sistema agrario tradicional, unha boa parte dos muíños eran de propiedade comunal. Esta propiedade comunal agochaba unha ampla diversidade de porcentaxes, froito da variada casuística pola que pasara cada unha das participacións orixinarias ao repartilas en partilla xeración tras xeración, xa que, os dereitos de moenda herdábanse coma outro ben calquera. muíño do Burro da Picota-Complexo recreativo Ponte do Cura-Mazaricos O muíño do Burro da Picota, no Complexo recreativo Ponte do Cura Respectamos a lingua castelá e a ortografía propia do século XVIII do manuscrito orixinal, xa que, coidamos, que é un valor engadido para un mellor coñecemento da cultura da época. As declaracións foron como segue: “En la de ALBORÉS se hallan nueve Molinos y todos sobre el Rio de Alvorés, llamados el de Buxente de don Juan Suarez, Presvitero, el de Entreosrios Arias de Pablo de Outeiro, el da Lamosa de Francisco Pais, el da Granda de Silvestre Rodriguez, que muelen ocho meses al año y a cada uno regulan de utilidad ocho ferrados de centeno. El llamodo de Arriva de Martin Bervia, el de abajo de Pedro Pereira, el Nobo de Rafael de Atán, el pequeño propio de Juan de Tuñas y el de Fervenza propio de don Roque Jacinto da Silva, presvitero, que todos muelen seis meses al año, y a cada uno regulan de utilidad seis ferrados de centeno,” “ Y en la feligresia de SAN COSME DE ANTES se hallan cinco Molinos sobre el Rio de Ponte de Antes que muelen tres meses al año, y son; el de Arriba de Andres Ferreiro, el Vello de Antonio Grille, el de Avajo de Juan da Silva, el Nobo de Pablo de Outeiro, y el do Prado propio del Cura, a cada uno de los quales regulan de utilidad quatro ferrados de centeno.” “En la de SANTIAGO DE ARCOS se hallan doce Molinos llamados el de Ba da Yglesia de Bertholomé Cambeiro, otro tambien llamado de Ba da Yglesia de Manuel Canosa, que muelen cada uno seis meses al año y le regulan de utilidad diez y seis ferrados de centeno; el do Riveiro de Santiago Canosa; el de Pereira de Bentura Trillo, que muelen nueve meses en el año y unos y otros se hallan sobre el Rio de Va do Carro y a cada uno regulan de utilidad diez y nueve ferrados de centeno; el de Ba das Pereiras propio del Cura que muele ocho meses al año, sobre el Rio de Va das Pereiras, y le regulan de utilidad doce ferrados de centeno; el de Va das Pereiras de Domingo Lopez; el de Ponte de Arcos de Maria Vazquez: el de Bavedro de Thomé Conde, que estos se hallan sobre el Rio das Pereiras y muelen todo el año, y a cada uno regulan de utilidad en el veinte ferrados de centeno; el da Braña de Avaxo de Simon Cambeiro, el de Arriva del mismo Simon Cambeiro, que se hallan sobre el Rio da Braña de Avaxo; El da Teijoeira sobre el rio deste nombre de Domingo da Costa; el de Señorio sobre el Rio da Carvalla de Alverto do Val; y el de A Nabeira propio de Diego Phelipe Gonzalez, sobre el rio de Naveira, que tosos muelen seis meses en el año y a cada uno regulan de utilidad diez y seis ferrados de centeno.” “En la feligresia de SAM JULIAN DE BEBA se hallan veinte y un Molinos llamados el Grande de Miguel Suarez, el do Castro do Martin Vieites, que muelen los dos sbre el Rio do Castro; el de Fervenzas y otro llamado tambien de Fervenzas, ambos de Pedro Fernandez que se hallan sobre el rio Grande, y todos quatro muelen todo el año y a cada uno regulan de utilidad en el doce ferrados de zenteno; el do Pinguelo de Jacinto Romero; el de Senrra Cova de Domingo Varela; el de Pinguelo de Alonso Vieites; el de Mardindo de Joseph de Atan; el de Gesto de Domingo Garcia; el de Bao de Cacheira de Domingo Gonzalez; que todos muelen ocho meses en el año sobre el Rio de Gesto y a cada uno Regulan de utilidad ocho ferrados de Zenteno; el de Revixo de Ygnacio Martinez; el de Senrra Cova de Don Juan Antonio de Otero, presvitero; el de Senrra de Don Francisco Rioboó, que se hallan sobre el Rio de Senrra Cova, muelen ocho meses en el año, y a cada uno regulan de utilidad ocho ferrados de Zenteno; el Queimado de Pedro Caamaño, sobre el Rio Pequeño; el do Covo de Martín Diz sobre el Rio; el de Bao Algueiron de Jacinto Rodriguez sobre el Rio do Seixo; el do Guicho de Alverto de Esperante; el de Avaxo de Domingo Ledo; el de Bao de Outeiro de Antonio Conde, que se hallan sobre el Rio de Cavalo morto; el de Arriva de Carvallosa de Frutuoso Martinez, y el de Avaxo de Carvallosa de Juan Perez, que se hallan sobre el Rio de Carvallosa, unos y otros muelen quetro meses en el año y a cada uno regulan de utilidad quatro ferrados de zenteno” “ En la de CHACÍN se hallan diez y seis Molinos que todos muelen ocho meses en el año sobre el Rio de Chacín llamados el da Pontella de Marcelo Guntín: el Novo de Mathias Trillo, el de Abajo de Domingo Sendón: el de Fervenzas de Manuel Rodríguez: el de Sandes de Phelipe Sande: el de Godóns de Dionisio Moreira: el de Curros de Manuel de Noia: el de Gras de Juan Pérez: el de Porto de Fortuna Caamaño: el Vello de Juan de Montemaior vecino de San Lorenzo de Matasueiro de esta Jurisdición, el de Só Castro de Matheo do Maio: el de Pedra de Arca de Juan de Moledo, el del Bao do Lameiro de Jacobo Moledo: el de Carvallas Cernadas de Juan Romero: el de Garcías de Miguel García: y el do Escrivano de Simón García, de a cada uno de los quales regulan de utilidad anual ocho ferrados de centeno.” “Y en la de SANTA MARÍA DE COIRO se hallan diez y nueve molinos, llamados el de Ponte Gosende de Bartholomé Lestón sobre el Rio de Gosende: el das Baxas de Fernando de Bouzas sobre el Rio de Bao dos Canais: el da Devesa de Andrés de Riomaior: el de Bagorgoso de Doña María Andrea Figueroa de Pazos: el de Gondomar deDomingo Gaíño que se hallan sobre el Rio de Puente de Coiro y unos y otros muelen todo el año y a cada uno regulan de utilidad en el doce ferrados de centeno: el de Rueiros de Gregorio de Bouzas sobre el Rio de Ba da Yglesia: el de Paredes de Pedro Salgado sobre el Rio de Badecarnota: el da Braña de Juan Torea, el de Pontedanes de Juan Martínez ambos sobre el mismo rio: el de Pego de Jacobo Castelo: el de Corrubedo de Francisco das Bouzas: el de Pagareiras de Bernardo Rodríguez que se allan sobre el Rio Pego el de Ba do Muíño de Bernardo de Santiago; el do Lugar de Nicolás Fernández: el de Tallo de Alonso de Teos: el de Gorgoso de Santos da Silva, el de Baliña de Pedro Franco, el de Fervenza de Juan de Alvela, y el de Riva de Egua de Juan de Villares que se hallan sobre el Rio de Bá de Muiño y todos muelen seis meses en el año, a cada uno de los quales regulan de utilidad seis ferrados de centeno y responden.” “En la feligresia de COLÚNS se hallan nuebe molinos llamados el de Sande sobre elñ Rio Brabo, de Francisco González con dos ruedas muelen seis meses y regulan de utilidad a cada uno ocho ferrados de centeno, el da Braña sobre dicho rio de Alonso de Senra, el da Braña de Currelo de Juan da Cenra, el da Pedra de Andr´rs González, que estos dos se hallan sobre el Rio de Currelo, el de Villarcobo sobre el de Badalaje de Jacinto Rodríguez, el de Campelo sobre el de este nombre de Antonio Rodríguez de Campelo, el da Pedreira de Antonio Rodríguez sobre el Rio de Olveira, que todos ellos muelen seis meses al año y regulan a cada uno de utilidad ocho ferrados de centeno; el de Só Plantio sobre el Rio da Cheda de Domingo Caamaño, el do Cantiño sobre el de este nombre, de Alberte de Sives, que todos muelen quatro meses y regulan a cada uno de utilidad quatro ferrados de centeno;” “En la feligresia de CORZÓN ay dos molinos, uno llamado do Batan sobre el rio de este nombre de Bentura Caamaño que muele seis meses del año y le regulan de utilidad seis ferrados de centeno, y el otro llamado do Vilar sobre el rio de vao de Vilar de Binorio Rodriguez que muele ocho meses y le regulan de utilidad ocho ferrados de Centeno” “En la de SAN FINS DE EIRÓN se hallan siete Molinos que todos muelen sobre el rio de San Fins ocho meses de el añoy son el Novo de Antonio de Otero, el da Laje de Antonio Martínez, el de Penedo de Domingo Pérez, el da Braña de Adrian da Ynsua; el de Cascallal de Antonio Oreiro: el de Pedro de Apolinaro Rodríguez; y el de Arriba de Manuela de Santos, a cada uno de los quales regulan de tilidad anual ocho ferrados de centeno” “En la feligresia de SANTA LEOCADIA DE YNTINES ai tres molinos que muelen sobre el rio de Pontellas quatro meses del año llamados el de Bouza Coba de Pablo García, el de Bouza Redonda deBartholomé López y el de Bouza Longa de Angel López, cada uno de los quales regulan de utilidad quatro ferrados de centeno; el de Agro de Fora de Alverto Caamaño que se alla sobre el Rio de Saeto, muele otros quatro meses y le consideran la misma utilidad” “En la de MAROÑAS se hallan nueve Molinos llamados el de Avajo de Domingo Pión el mozo: el da Ponte de Santa Mariña de Domingo Pión el biejo, el de Arriva de Alverto Rodríguez que se hallan sobre el Rio de Santa Mariña: el de Silvela de Domingo Antonio París sobre el Rio de Chancela: el Novo de Alejos López sobre el Rio do Castro: el de Agranova sobre el Rio de este nombre de Rosa Gómez: el de Foxas de Caetano Tuñas sobre el Rio de Baodocastro: el de Prafo Muhiño de Cathalina Faxín y el de Lamosa de Francisco de Casais, ambos sobre el Rio que llaman de Lamosa, y todos muelen seis meses en el año y en el regulan de utilidad a cada uno seis ferrados sw centeno.” “En la de MAZARICOS ai nuebe molinos nombrados, el de Atan de Andres Diaz; el de Atan de Badaneiro de Ventura da Vila, el do Cura de Don Juan Soneira cura de dicha feligresía que se hallan sobre el Rio Va de Ventin; el de Bado dos Miñatos sobre el el de este nombre de Miguel Bieites, que estos muelen todo el año, y regulan en cada uno de utilidad diez y seis ferrados de centeno; el de Atán de Bananeiro de Salvador de Baña sobre el Rio de Curro de Yeguas, el das Candas de María Váquez sobre el das Candas, el do Lajeal sobre el de este nombre de Joseph Casais vecino de Santa Eulalia de Chacín, Jurisdición de Muros; el da Ynsua de Antonio París sobre el Rio de Baus de Yeguas, que estos muelen seis meses y a cada uno regulan de utilidad ocho ferrados de centeno; el de Masaricos de Ambrosio González sobre el Rio de Masaricos que muele tres meses y regulan de utilidad quatro ferrados de centeno y responden.” “En la de BAOS ai siete molinos llamados el da Cavada de Pedro de Cenra que incluie dos ruedas, el da Cavada de Christoval Trillo, uno y otro sobre el Rio de este nombre da Cavada; el da Fervensa de Pedro dos Santos sobre el Rio da Fervensa, los quales muelen todo el año y a cada rueda regulan de utilidad diez y seis ferrados de centeno; el do Cubo de Juan Antonio Pérez sobre el Rio de Badorrio; el da Pontella de Joseph Lado Ferreiro, sobre el da Pontella; el de Badorrio de Juan Antonio Pérez sobre el de Badorrio y el da Pontella del Cura de esta feligresía sobre el da Pontella; los quales muelen quatro meses y a cada uno de ellos regulan de utilidad quatro ferrados de zenteno.”
  • Suso Jurjo, técnico de Cultura do Concello de Mazaricos.
 

Outras reportaxes mazaricás de Suso Jurjo

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC.

Comentarios