Un tigre no encoro
Xa levan 6 ou 7 anos no recinto, pero ninguén se lembrara ata hoxe del. Adega vén de denunciar a presencia dun tigre de bengala en Naturmaz, a empresa mazaricá de deportes de aventura do encoro da Fervenza.
Un tigre que coida a empresa, actualizado no Rexistro de Establecimentos de Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade autorizado pola Xunta, coa cartiña de vacinación aprobada, e inscrito na colección zoolóxica privada da empresa.
En todo caso, non ten permitido a súa exhibición, e por aí vén o problema. Malia que a empresa non o publicita na web como reclamo; malia que o acceso ás instalacións é restrinxido a socios e xentes con visitas guiadas; e malia que nas instalacións hai carteis sinalando que está prohibido facer fotos ao tigre, como aos cabalos de particulares; é difícil evitar que algún grupo de escolares que se achega as instalacións a disfrutar dos deportes de aventura e de lecer, bote unha foto sen permiso.
ADEGA xunto cos colectivos GEAS (Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes) e Hábitat pediron información na Dirección Xeral de Conservación da Natureza sobre o exemplar de Panthera tigris tigris, despois de comprobar que o tigre paseaba nun recinto exterior arrodeado dun valado. Ao seu entender "este recinto con conta coas debidas medidas de seguridade e saúde para garantir o benestar do animal".
En todo caso, a empresa sinala que o tigre está perfectamente controlado pola Xunta e que o Seprona visita o emprezamento e coñece perfectamente as condicións de vida do animal.
Novas relacionadas
Fonte
- ADEGA.