Urxe unha solución para o esquecido e estragado embarcadoiro de Santa Uxía
Este pasado mes de agosto, a Deputación comprometíase a revisar o estado do embarcadoiro do encoro de Santa Uxía, no que cómpre recordar que se investiron máis de 200.000 euros no ano 2002, e outro tanto varios anos despois, e que dende aquela está abandonado. Este agosto, a vicepresidenta da Deputación comprometíase a "buscar unha solución que permita que esta infraestrutura se poida poñer en uso o antes posible".
Pero tivo que ser o temporal o que trouxese aos técnicos da Deputación a botar un ollo a esta ilóxica infraestrutura, que denunciabamos en 2012 como o "embarcadoiro sen barcos". O temporal fixo estragos no embarcadoiro, e súa situación
Foron técnicos, non políticos, os que visitaron o lugar, polo que non se tomou ningunha decisión para saber que van facer con este "despropósito".
O que nun día puido ser un soño para o mundo do piragüismo, quedou no esquecemento, pois o anterior goberno do Concello mazaricán non apostou por aproveitalo.
Imaxe bucólica do Embarcadoiro no encoro de Santa Uxía, en Mazaricos - Foto- Paloma TrilloNovas relacionadas
- Xaneiro 2012: Fotodenuncia: Embarcadoiro sen barcos.
Outras desfeitas
- A tráxica e real historia, erro tras erro, do inoperante heliporto de Salvamento da Costa da Morte.
- Sardiñeiro. Un porto sen barcos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).