Venres. 29.03.2024
El tiempo

A veciñanza de Santa Comba e Mazaricos únese á de A Baña, Outes e Negreira contra a invasión de eólicos

Manifestacion na Bana contra os eolicos
Así foi a manifestación na Baña contra os eólicos
A veciñanza de Santa Comba e Mazaricos únese á de A Baña, Outes e Negreira contra a invasión de eólicos

Aconteceu este pasado domingo na Carballeira de Seilán, na Baña, onde máis de 200 manifestastes desafiaron á chuvia para protestar contra a invasión eólica. Concretamente lamentan os proxectos eólicos que afectan aos concellos de A Baña, Mazaricos, Outes, Negreira e Santa Comba contra os que xa se presentaron preto de 2000 alegacións.

A manifestación foi convocada pola Rede Galega por un Rural Vivo, do que forman parte varias entidades da nosa comarca, en colaboración coa Plataforma Veciñal Os Quijotes de Outes. O seu voceiro, Roberto Vilela, que hai pouco se achegou ata o Anllóns para coñecer as problemáticas cos viraventos nas Paisaxes Pondalianas, explicou que as empresas están instalando 500MW en apenas 60km2, unha potencia semellante á de Asturias en 2019 cunha superficie 177 veces maior.

Serán 11 os parques eólicos proxectados entre eses Concellos:San Cosmeiro ,O Vao, Maragouto, Banzas, Outes, Alvite, AlviteI, Troitomil e outros catro máis dos que se teñen constancia.

 

Novas sobre os eólicos

Comentarios