Volve a Poxa de Xovencas a Mazaricos


Xa están aquí un ano máis as III Xornadas Técnicas de Vacún de Leite e da V Poxa de Xovencas Frisonas. Dúas citas gandeiras que terán lugar en Mazaricos o día 26 e 27 de novembro de 2011.
O sábado 26 comezará a cita gandeira coas conferencias técnicas na Casa da Cultura de A Picota. Trala presentación por parte do alcade Santos Maneiro, a veterinaria Irma Villanueva falará da importancia do secado. As charlas seguirán da man de Manuel Rondón, cos novos avances na alimentación e manexo de tenreiras de reposición. De seguido Fernando Saínz de la Maza presentará a Organización de Produtores Lácteos (OLP) e Sergio Calsamiglia recuperará o secado aportando novas propostas.
A mañá rematará cunha mesa redonda.
A poxa desenvolverase durante o domingo no recinto anexo ao Polideportivo, a partir das 11:00h. Hai unha subvención de 150€ por cada xovenca mercada, e un obsequio de 3 doses de "Xacobeo" e 3 de "boer". Ademais cada compra levará 10 rifas para entrar no sorteo dunha tenreira.
Inscrición para a III Xornada Técnica
Poden inscribirse ata o 22 de novenro no 981 867 104, ou enviando un correo a xornadamazaricos@gmail.com. Ademais teñen máis información en www.mazaricos.net/xornadalactea.
Novas relacionadas
- Turismo de granxa: Da importancia de diversificar a nosa economía.
- O Porco Celta loita contra o fraude da man da Slow Food.
- Un outono de actividades agrarias no Centro de Formación Rural EFA-Fonteboa.
- As explotacións gandeiras da Costa da Morte resíntense coa seca.
Fonte
- Concello de Mazaricos.