Xoves. 28.03.2024
El tiempo

4 apostas audiovisuais da Costa da Morte optan aos Premios Mestre Mateo

4 apostas audiovisuais da Costa da Morte optan aos Premios Mestre Mateo

Por segundo ano consecutivo a Costa da Morte estará moi presente nos Premios do Audivisual galego Mestre Mateo. A Academía Galega do Audiovisual entrega estes premios dende o 2002 demostrando que a produción galega está moi viva, e ten canteira, como comprobamos a semana pasada en Zas.

Así que xa está publicada a listaxe definitiva de candidatos dos PMM10 e son varias as propostas costeiras incluídas. A primeira é "Para mariñeiros nos", a proposta de Omar Rabuñal, Suso Lista e Manolo Castro, que xa cobre o primetime de VTelevisión. Os finalistas coñeceranse trala primeira rolda de votacións o día 15 de marzo; pero coma só hai tres candidatos á Mellor Serie, a produción costeira será finalista automáticamente.

Aquí vos deixamos co trailer da 3ª tempada, que nacía a través da rede e xa deu o salto á gran pantalla de cada casa.

Os Crebinsky

Non serán os Pinto e Coviñas os únicos representantes da nosa bisbarra. O filme de Control Z, Chevere Visión e Zircozine "Os Crebinsky", do que xa viramos un dos seus trailer, tamén están entre os candidatos na categoría Longametraxe. Miguel de Lira é un dos seus protagonistas, e tamén aparece Luis Tosar. O saúdo Crebinsky xa é toda unha lenda...

Crebinsky Trailer from crebinsky on Vimeo.

Unha documental sobre Lira

A 3ª proposta que está entre os candidatos a finalistas é a documental realizada por Servicios Audiovisuais Galegos, SAGA TV S.L. e TVG sobre Lira, reserva de vida na Costa da Morte.

Mar libre

A serie da TVG "Mar Libre", de Ficción Producciones e que foi grabada nas nosas praias, tamén está entre os candidatos na categoría "Película para TV". William Miller Pico ou Pepo Suevos foron algúns dos protagonstas que disfrutaron das paraxes de Louro ou Caldebarcos durante a rodaxe. E algún coñecido actor da zona, como César Cambeiro, tamén teñen o seu papel.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas audiovisuais

Vídeos de Galinus.tv

Os Flocos da Costa da Morte

Vídeos naturais de Francisco Santiago López

Fonte

Comentarios