600 moz@s da Diócese de Córdoba realizarán o Camiño de Muros-Noia este verán

Este mes de agosto celebrarase en Santiago a Xornada Europea da Xuventude. A Peregrinación Europea de Xóvenes (PEJ22) ten como lema ‘Joven, levántate y sé testigo. El Apóstol Santiago te espera’ e convócase con motivo do Ano Santo Compostelano 2022.Serán milleiros os mozos e mozas de todo o mundo que celebren o Xacobeo no noso país, e moitos aproveitarán para facer algún dos nosos Camiños. É o caso da Diócese de Córdoba, que traerá 600 rapaces a facer Camiño de Muros-Noia para chegar en tempo a Santiago.
Así o explicaron esta pasada fin de semana unha delegación de Infancia e Xuventude da Diócese de Córdoba, que estiveron revisando as instalacións, o trazado e a sinalética acompañados de Antonio Rodríguez, o técnico da ria de Muros-Noia responsable da coordinación da Xornada Europea da Xuventude neste Camiño.
Con esta visita arranca o segundo Ano Santo Xacobeo na ria de Muros-Noia con moi boas expectativas. Ademais destes 600 moz@s, hai xa programados outros 4 grupos doutras provincias, e as peregrinacións seguro que aumentan.
Máis novas do Camiño
- A “Vía Céltica” xa é Camiño oficial de peregrinación.
- O Vákner e os Camiños Mariños da Costa, presentes no Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas.
- Os usuarios de Adisbismur disfrutan do Camiño a Santiago pola ría de Muros.
- Maio 2021: A Ruta Xacobea Ría de Muros-Noia, única presenza da zona na FITUR.
- O Camiño da Ría de Muros-Noia busca apoios na administracións tras ser declarada “Ruta Xacobea” .
- Agosto 20: A Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia constitúese para oficializar a ruta xacobea